Entrevista radiofónica á Neuroband, por que en galego?

Estivemos coa Neuroband cerca do seu estudio, o KSF Estudio, e alí faláronnos da súa visión do panorama musical galego. Ofrecémosvos en exclusiva parte das declaracións:


"O galego ten unha sonoridade especial"

"Faltan salas de concertos"

Neurovídeos

O novo álbum da Neuroband, "Proceso amniótico", estase e gravar actualmente, sen embargo, xa podemos disfrutar dalgúns dos seus novos temas grazas ós videoclips de Youtube.com. Trátase de clips autoproducidos pola banda para anticiparnos o seu novo traballo: Neuro, Holliwood




Máis fotos neuróticas

AMEBAVISIÓN
AMEBAVISIÓN
AMEBAVISIÓN
AMEBAVISIÓN


Fotos: Amebavision

Historia da Banda


A banda arousana xurdida da unión dos que anteriormente formaron Korosi-Dansas e Fungo está actualmente a desenvolver o seu novo traballo, que será íntegramente gravado e editado no KSF Studio da Illa de Arousa.
O grupo está formado por: Manuel Seixas (voz e guitarra), Xurxo Romero (guitarra e coros), Víctor Karallada (guitarra voz e coros), Kino (batería) e Coco (baixo).
Nos seus comezos tiveron que loitar contra as adversidades. Logo de gravar no 2004 a súa primeira maqueta baixo o título “Microse", a banda inicia agora unha nova etapa, co lanzamento do seu CD de presentación, "Proceso amniótico".

Neurofotos

Galería de fotos da banda. Imaxes cedidas por Amebavision.
AMEBAVISIÓN
AMEBAVISIÓN
AMEBAVISIÓN
AMEBAVISIÓN
AMEBAVISIÓN

Camiñando entre cidades: a letra

"Proceso amniótico" incluirá dez temas, dous deles en inglés, e oito en galego. "Camiñando entre cidades" é un destes últimos. Xa podes disfrutar da letra da canción:


CAMIÑO ENTRE CIDADES
PEQUENO MUNDO ESTELAR
EU SON O ÚLTIMO INSTANTE
DE CADA LINDA FLOR
VERMELLO É O SOÑO
NEGRO O PESAR
DA DAMA ESPESURA
FRONTEIRA FINAL

...NO POZO DOS DIAMANTES
...NO POZO DA DOR
...NO POZO DOS DIAMANTES
...NO POZO DA DOR

Arre Productions e Neuroband


A produtora Arre Produtions está a traballar no seu primeiro proxecto, o video-clip "Camiñando entre cidades" do grupo NeuroBand de Indie/Psychedelic/Rock, procedente de Illa de Arousa.
Arre Productions chegou a un acordo co grupo musical, para crear o videoclip e promocionalo.


+ Info de NeuroBand en http://www.myspace.com/msneuroband