Historia da Banda


A banda arousana xurdida da unión dos que anteriormente formaron Korosi-Dansas e Fungo está actualmente a desenvolver o seu novo traballo, que será íntegramente gravado e editado no KSF Studio da Illa de Arousa.
O grupo está formado por: Manuel Seixas (voz e guitarra), Xurxo Romero (guitarra e coros), Víctor Karallada (guitarra voz e coros), Kino (batería) e Coco (baixo).
Nos seus comezos tiveron que loitar contra as adversidades. Logo de gravar no 2004 a súa primeira maqueta baixo o título “Microse", a banda inicia agora unha nova etapa, co lanzamento do seu CD de presentación, "Proceso amniótico".

No hay comentarios:

Publicar un comentario